SUBTITULO

| | | |

Xeneral Choi Hong Hi


A historia do Taekwon-Do e do Xeneral Choi, resulta para os amantes da lectura algo de gran interés e merecedora dun thriller que podería combinalas accións de guerra, revolución, poder, intriga, ambición e como non, amor ao arte.

O Xeneral Choi Hong Hi naceu en Corea, no distrito de Myong Chung (Actual Corea do Norte) o 9 de Novembro do 1918, sendo un neno débil e, según as súas propias palabras, enclenque, o cal xeneraba certa preocupación a seus pais. Sendo neno, seus estudos de caligrafía baixo a tutela de Hang Il Dong lleváronlle, baixo a sua supervisión, á práctica do TaeKyon (arte marcial que prestaba especial atención ao traballo coas pernas) cando tiña 15 anos, co deseo de mellorar esa debilidade pronunciada e que tanto preocupaba a sua familia. Isto foi fortalecendo ao xoven, quen xa demostraba certas inquietudes polos diferentes estilos de loita. No ano 1938, poucos días antes de sair de Corea para ir estudar a Xapón, foi implicado nun incidente político que xenerou certo temor a represalias no seu retorno a Corea.

Xa en Xapón, decidiu practicar Karate baixo a instrución do maestro Him, e pasados dous anos obtivo a graduación de Cinturón Negro Primer Dan; o que lle produciría unha sensación de proteción suficiente contra aquelas persoas que quixeran facerlle dano. No período da Segunda Guerra Mundial foi obrigado a alistarse dentro da Armada Xaponesa onde iniciou o movemento de liberación nacional de Corea do dominio Xaponés, que foi conocido como o incidente dos soldados estudantes de Pyongyang. Debido ao acontecemento descrito, encarcelarono nunha prisión militar Xaponesa condenado a sete anos, e non recuperaría a liberdade ata despois da liberación de Corea do dominio Xaponés. Durante o seu encarcelamento produceuse unha das anédotas máis curiosas da sua biografía. Debido á soidade e o aburrimento, no cal se atopaba, comenzou a entrenarse e a exercitarse dentro da celda, o que lle produciu certa curiosidade a aqueles que o custodiaban. Atraídos pola destreza do preso, comezaron a entrenar como os seus discípulos e pouco tempo despois o cárcere convertérase nun ximnasio de gran magnitude a cargo de Choi Hong Hi.

No ano 1946 recibiu a graduación de Sub Teniente na recién nacida República de Corea e foi destinado ao cuarto regimiento de infantería de Kwangju como comandante da compañía. Empezou entón a ensinar Karate aos seus soldados como medio de entrenamento físico e mental, entón comprendeu que tiña que desenvolver o seu propio arte marcial nacional, superior en espíritu e técnica ao Karate Xaponés. Estaba realmente convencido de que o feito de poder ensinalo por todo o país permitiríalle realizala promesa que lle fixera aos seus compañeiros de celda, quenes compartiran castigo por causa dos Xaponeses. As súas palabras foron:

"Se algún día recuperamos a nosa liberdade e independencia, non sexamos os líderes do pobo; dediquémonos a aconsellar aos que gobernan."

Con esa ambición comenzou a crear novas técnicas a partir do mes de Marzo do mesmo ano (1946). A finais do ano 1954 casi había rematado de fundar unha novo arte marcial para Corea, e o 11 de Abril do 1955, este arte recibiu o nome de TAEKWON-DO.

Un arte marcial basada na ciencia moderna , e en particular na física de Newton. Na sua creación tamén foron incorporadas tácticas militares de ataque e defensa.

A partir das exhibicións que realizara cun equipo militar de demostración a Vietnam do Sur e Taiwan, decidiu que o seu legado baixo o nome de TaeKwon-Do debería ser coñecido por todo o mundo e comenzou diferentes xiras que permitiron o comezo da extensión do seu arte por todo o planeta e que se prolongaría ata o final dos seus días.

No ano 1959 é nombrado presidente da recién creada Asociación Coreana do Taekwon-Do. Éste mismo ano publica os primeros textos coreanos acerca do TaeKwon-Do, que servirían como base para a edicíon do libro no ano 1965.

No ano 1960 con motivo da sua asistencia a un curso sobre armas modernas en Texas, visita o Ximnasio de Jhon Ree en San Antonio onde o Xeneral Choi logra convencelo para cambiar a ensinanza do Karate polo Taekwon-Do. Polo cal Jon Ree convírtese no primeiro instructor de TaeKwon-Do para América e marca así o comenzo da difusión do arte en Estados Unidos.

Cabe destacar que o Xeneral Choi foi o primeiro embaixador de Corea en Malaysia no ano 1962. Sendo un dos fundadores das forzas armadas R.O.K responsable de varias contribucións e innovacións para a mellora de operacións e procedementos militares. En 1961 mentras comandaba ao sexto corpo R.O.K do exército, tivo baixo o seu control operativo á séptima división de infantería do exército norteamericano, converténdose así no primeiro Xeneral da historia de Corea en ter control militar sobre tropas extranxeiras.

No ano 1965 aínda como embaixador e xa retirado como Xeneral dos estrelas, é solicitado polo goberno Coreano para realizar unna xira por Alemania, Italia, Turkia, Repúblicas de Arabia e Singapur. Xira que permite declarar ao Taekwon-Do como arte marcial nacional de Corea.

O 22 de Marzo de 1966 funda a International Taekwon-Do Federation "I.T.F" organismo que rexía o Taekwon-Do a nivel mundial. No 1969 o Xeneral Choi logrou celebrar o primeiro Campionato Asiático de Taekwon-Do en Hong Kong. Éste evento foi significativo para que o Taekwon-Do fora aceptado internacionalmente como arte marcial cunha faceta deportiva espectacular.

Debido os seus problemas políticos en Corea, no ano 1972, vese obligado a exiliar a Canadá donde establecería a súa residencia e as oficinas centrais da ITF, para un tiempo máis tarde trasladala sede da ITF a Viena no ano 1985.

No ano 1974 logrou celebrar o primeiro Campionato do Mundo na cidade de Montreal, Canadá; evento que xenerou unha gran publicidade do arte marcial e foi o primeiro gran peldaño escalado, no que a eventos de gran magnitud se refire. En Xuño deo 1979 en Oslo, Noruega, colaborou para a formalización da Federación Europea de Taekwon-Do xunto con 14 países.

O exilio e a súa repercusión en Corea

Un dilema orixinouse en Corea co exilio forzoso do Xeneral Choi; o pai e fundador do arte marcial de Corea. Era neses momentos un personaxe desleal á patria polo cal os Coreanos non debían identificarse cunha creación do mismo. Decidiuse entón realizar unha serie de modificacións ao Taekwon-Do para que a súa orientación e difusión fora encamiñada ás Olimpíadas como deporte. Por dito motivo e unha vez reestructurado case por completo o Taekwon-Do, nace a World TaeKwon-Do Federation no ano 1973. A partir dese momento ambalas dúas Federacións Internacionais traballan por separado e con conceptos totalmente diferentes. A ITF mantienese como arte marcial e vai evolucionando co paso dos anos en pro dun arte marcial que mira principalmente por un estado físico e mental para que sexa practicado durante toda a vida; e a WTF evoluciona no aspecto deportivo ata que no ano 2000 é catalogado como deporte Olímpico.

Os últimos tempos

A vida do Xeneral Choi Hong Hi foi admirable en moitos aspectos. O seu obxetivo durante a súa etapa dentro dos mortais foi a difusión do Taekwon-Do como forma de vida, unha meta acadada con total merecemento debido ao seu incansable espíritu de superación e loita. Viaxou de forma constante por tódolos continentes e viu como o seu amado Taekwon-Do era cada día máis e máis grande.

O único que quizais se lle poda reprochar é o non poder adaptar as sus ideas á misma velocidade que a sociedade llo exixía. Un mundo avocado á evolución e o consenso entre tódolos pobos e gobernantes. Unja sociedade que intenta cada día máis desenvolverse entre ambientes democráticos e que repudia a hostilidade e a violencia.

So estos motivos puideron producir o distanciamento do seu vástago máis honorable ao cal tiña reservado o dereito á sucesión no mando da ITF. Un desentendemento produciu por unha diferencia xeneracional onde os estudios e as enseñanzas do Xeneral Choi a seu fillo Choi Jung Hwa crearon unha personalidade forte cunhas ideas claras que ían máis dacordo coa evolución xeneracional.

A última época do Xeneral foi quizais a máis triste; atacado por un cancro terminal que lle levou ata Corea do Norte e vendo como a sua ITF fraccionábase en duas partes.

Os desexos de tódolos amantes do Taekwon-Do uníeronse no seu descanso final. De maneira unánime as bágoas pola pérdida dun grande, o pai e fundador do Taekwon-Do máis alá de calquera ideoloxía.

En memoria a un dos Grandes do mundo marcial.
Xeneral Choi Hong Hi 1918 - 2002.


Taekwon-Do ITF | Xeneral Choi Hong Hi | TKD ITF en España | Principios | Graduacións | Os 24 Tul

#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz