SUBTITULO

| | | |

CURSO ARBITRAXE E PRESENTACION FITE GALICIA 2011

O pasado sábado día 19 de Abril do 2011 o Club ITF Oroso e a Delegación Galega de Taekwon-Do ITF organizaron un curso de arbitraxe de Taekwon-Do ITF en Sigüeiro durante a maior parte do día. A parte teórica comezou a eso das 10:00 da mañá ata as 14:00 da tarde no multiusos de Sigüeiro. Na parte teórica víronse tódolos puntos que distan do reglamento polo que nos viñamos rexindo ate o de agora. E todo esto púxese en práctica dende as 16:00 ata as 18:00 no Complexo Polideportivo Juanito Amigo Ferreiro. Un día intenso que culminou cos exames de todo o que viramos durante o día.

Tamén cabe mencionar que no descanso que se fixo pola mañá, sobre as 12:00, realizouse o acto de presentación para o Torneo FITE Galicia 2011, que se celebrará o vindeiro 16 de Abril do 2011 no Complexo Polideportivo Juanito Amigo Ferreiro. O acto estivo presidido polo concelleiro de cultura e deporte Eduardo Veiras Rey, polo presidente do Club ITF Oroso Xosé Ramón Castiñeira e polo presidente da Delegación Galega de Taekwon-Do ITF Juan Ramón Vidal.
#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz