SUBTITULO

| | | |

Exámenes Xuño 2011

Exámenes Cintos Brancos

Chegou Xuño, e xunto cos exámenes finais do colexo, o Club Taekwon-Do ITF Oroso tamén realizou unha nova convocatoria de exámenes. Nesta ocasión, os rapaces a examinarse foron os alumnos que aspiraban a cinto branco-amarelo, amarelo, amarelo-verde, verde, azul-vermello e vermello.

Os exámenes foron realizados polo Sabumming Antonio Blanco (IV Dan) e comezaron a eso das cinco da tarde co grupo dos brancos. Unha vez que a primeira xeración de alumnos, que comezaron o seu camiño no Taekwon-Do Tradicional no Club ITF Oroso, foron avaliados polo Sabumming Antonio Blanco chegoulles o turno aos amaralos e amarelo-verdes quen xa foran examinados na convocatoria de Decembro do 2010.

Despois de que rematara o examen destes rapaces chegoullelo turno a Pablo Castiñeira (Azul-Vermello) e Salvador Pérez (Azul). Este examen comezou arredor das sete da tarde onde se avaliou a técnica (Tuls) e o traballo con Sparring ata as nove da noite. En dita hora, fixeron un breve descanso para que os adultos (aspirantes a cinto amarelo) pasaran a comezalo seu examen.

O Sabumming evaluoulles antes de nada as formas básicas de cinto branco (Saju Jirugi e Saju Mackgi) e acto seguido comezaron a realizar unha serie de exercicios de combate xunto con Pablo Castiñeira e Salvador Pérez.

O examen dos adultos rematou sobre as dez da noite, cun par de preguntas de teoría e despois de que o sabumming evaluara Chonji-Tul. O examen de Pablo e Salvador prolongouse un pouco máis, case ata cerca das once das noite.

En liñas xeral foi unha tarde moi productiva, na que os rapaces a parte de ser avaliados polo Sabumming Antonio Blanco (IV Dan), para poder pasar de cinturón, tamén aprenderon cousas novas. O sabumming saiu contento co nivel que está demostrando ter os alumnos deste club e da evolución dos que xa evaluou nas convocatorias pasadas.

Parabéns a tódolos rapaces no só polos aprobados, senón tamén pola vosa exemplar conducta esforzo.

Taekwon!

» Ver Fotografías (Próximamente)
» Ver Vídeos (Próximamente)

Recorda que si tamén eres parte deste club e queres que os teus videos ou fotografías saian nesta web, pódesnolas mandar a itforoso@gmail.com co asunto FOTOS/VIDEOS e o evento ao que pertencen. Taekwon!
#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz