SUBTITULO

| | | |

Ponte con Gincana!

O Xogo das Sillas
Unha gincana para finalizar a ponte da constitución. O pasado xoves día 8 de Decembro os alumnos do Club ITF Oroso disfrutaron dun día cheo de probas e xogos por equipos. Cinco foron os grupos, cada equipo cunha cor, rosa, laranxa, vermello, azul e verde, que dende as catro da tarde ata as sete competindo entre eles.

Ao longo da tarde realizáronse distintas probas. Primeiro recorréronse Sigüeiro, resolvendo algún que outro enigma e posteriormente, tratando de resolver as adiviñanzas que se lles poñían, superaban probas como saltar a corda tódolos membros do grupo ao mesmo tempo ou camiñar dun punto a outro cos pes atados.

Xa dentro do pavillón, os cinco equipos seguiron coa gincana, superando as probas que lles quedaban. Carreira do gusano, relevos con globos, xogo da silla, ... para dar por finalizada a gincana.

O equipo gañador resultou ser o equipo verde con 27 puntos, seguido do equipo rosa con 26 e do laranxa con 21 puntos. O cuarto e quinto posto foi para o equipo vermello con 12 puntos e o azul con 6 puntos.
Clase de Body Combat
Pero a pesar de que a gincana dera o seu fin a tarde non acabou ahí, senón que algúns dos alumnos querían unha pequena clase de Body Combat, e o noso Boosabum non lle puido decir que non ás peticións dos seus alumnos rematando a tarde cunha clase de Body Combat e unha gran merenda.

» Ver Fotos
#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz