SUBTITULO

| | | |

Comezo do Interescolas en Cee


Taekwon-Do Interescolas é un proxecto levado a cabo por algunhas das escolas e clubs de Taekwon-Do ITF de Galicia. Proxecto que ten como finalidade que os praticantes de Taekwon-Do Tradicional das diferentes escolas adestren xuntos, visitando o Dojan* de outros clubs podendo así recibir clase con outros instructores.

A pesar de que existiu algún intento fallido, esta idea ponse por fin en marcha no 2012 caendo o maior peso organizativo a cargo do Club ITF Oroso e dos seus instrucotres.

A experiencia para os nosos practicantes comeza o pasado sábado día 25 de Febreiro do 2012, onde Juan Manuel Pérez Lago (I Dan), instructor do Club Cee Deportes de Contacto, abriu as portas do seu Dojan e acolleou a máis de 20 practicantes, un bo comezo para a primeira edición das Interescolas. Asistiron alumnos do Club ITF Oroso, Ximansio Sung Baio e por suposto tamén do instructor encargado do adestramento . “A experiencia do primeiro día de interescolas foi moi positiva polo bo ambiente que reinaba” comentaba Juan Manuel. A xornada comezou as 11 da mañá ata as 12:30 , onde a primeira metade estivo adicado ás técnicas de pateo e a segunda máis centrada na parte técnica e teórica dos tull. “Quedei moi satisfeito co nivel técnico dos participantes. Os rapaces estiveron toda a sesión motivados e participativos con tódalas actividades propostas” indicaba o Bo-Sabum.

A próxima cita será no Dojan do Club Taekwon-Do ITF Oroso, evento no que imos a poñer todo o empeño para que os rapaces aproveiten o tempo ó máximo e se vaian con un bo sabor de boca. Sen máis desexamos que todos os pequenos disfrutarán e aprenderán. Esperámolos en Oroso para o próximo interescolas.

Taekwon!!!

*Dojan: Zona de adestramento.

» Ver Fotografías
#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz