SUBTITULO

| | | |

Quedamos de 4º no VI FITE OPEN!!!


Foron 8 ouros, 9 bronces e 12 pratas, en total 29 medallas conseguidas polo Club Taekwon-Do ITF Oroso na VI edición do FITE Open, os pasados días 10 e 11 de marzo en Noia. Esas 29 medallas fixeron que nos colocaran como o 4º mellor club clasificado dos máis de 10 clubes que participaron nel. Por diante do ITF Oroso quedou Liceo de Noia, Benalmádena e o anfitrión o ITF Noia.

Esta sexta edición do torneo foi organizada pola escola de Taekwon-Do ITF Noia xunto coa Delegación Galega de Taekwon-Do ITF e a Federacion Internacional Taekwon-Do España (F.I.T.E.), contando con máis de 300 participantes en máis de 90 categorías distintas. Un gran torneo que durou toda unha fin de semana.

24 competidores eran do ITF Oroso, 22 infatís e 2 júnior. Os coach (adestradores) quedaron satisfeitos, non só polos resultados, se non polo comportamento dos rapaces que aproveitaron, como indicaron nas clases, para aprender máis e pasalo ben.

Os infantís competiron o sábado día 10. Pola mañá comezouse coas idades máis baixas de tuls femeninos, seguidas polas de tul masculino e rematando a mañá con combates femeninos. Despois de dúas horas para xantar, as 16:00 retomouse novamente o torneo, rematando as categorías de combate femenino e comezando coas de combate masculino.

O torneo poñía punto e seguido sobre as 19:00 coa entrega das medallas que quedaban (xa que así como ían rematando as categorías facíase a entrega das mesmas).


Pero o día non finalizaba ahí, se non que pola noite, as 22:00 daba comezo unha velada na que os cintos negros senior competirían entre luces, música e baixo a mirada atenta de toda a grada chea do pavillón, onde a xente estivo a gusto ata o fin da velada, case ata as 00:30. Un día moi completo que conseguiu que maiores e pequenos se quedaran na vila de Noia durante todo un día convertendo o campionato nunha festa do Taekwon-do onde disfrutaron tódalas idades.

O domingo pola mañá era o turno para as categorías de júnior e sénior de cintos de cor. Coma sempre, comazaron por tuls das categorías máis baixas e de ahí subindo. Grazas aos nosos doús competidores Javier Garea e Carme Celia sacamos tres medallas máis, ouro en tuls para Javier e bronce en tuls e prata en combate para Carme.

Cerca das 14:00 poñíase punto e final á VI edición do FITE OPEN, un torneo internacional que deixa ver que o Club ITF Oroso crece de forma axeitada non só na práctica do Taekwon-Do dentro do Dojan, onde os rapaces van aumentando o nivel e aumenta o número de practicantes (incluso nos adultos), se non que se esta forxando unha gran familia, onde uns pais levan ós nenos dos que non poden, membros do club axudan ós coach, e que decir de logo dun gran combate, ver a unha nena coméndose unha sabrosa froita gracias a que as nais do club están en todo. Os rapaces esfórzanse pero os pais tamén.


Taekwon!!!

» Galería de Fotos I
#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz