SUBTITULO

| | | |

O Sabum Dache fainos unha visita!


O Sabum da Escola ITF Noia, Antonio Blanco (Dache) V Dan, pasouse a facernos unha visita o pasado martes 28 de Marzo do 2012.

A partir das seis da tarde o sabunim fíxose cargo das clases comezando ca corrección técnica dos tuls. A medida que se ía avanzando de idade e grado, collían máis importancia as técnicas de combate de competición.

No grupo dos adultos non existiu tregua. Aqui Dache deleitounos cunha clase de nivel físico alto. "Sudamos como pichos" indicaba Javier Mella, alumno aventaxado deste grupo. Tampouco se quedou atrás a clase anterior (grupo de menos idade pero con maior grado) en canto a intensidade. "Foi unha sorpresa! Tiña que vir máis veces" Contábanos Carme Celia Pérez, a maior das rapazas da escola. "Axudounos a millorar a técnica de combate" facianos saber Pablo Castiñeira un dos grados máis altos deste grupo.

Todo isto foi posible gracias a que Ramón Lema (o noso instructor) se foi a Noia a impartir clase aos alumnos de Dache, os do ITF Noia.


Foi unha grata sorpresa tanto para os alumnos como para os pais. Estos puideron observar (dende fóra) como o sabunim se axustaba o nivel de cada un dos rapaces os cales quedaron moi contentos.
#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz