SUBTITULO

| | | |

Examenes Maio 2012


O pasado venres día 11 de Maio, levouse a cabo unha nova convocatoria de exámenes, a cargo do Sabum Antonio Blanco (Dache) V Dan. A xornada levoulle toda a tarde na que examinou dende aspirantes a cinto branco amarelo ata vermello negro.

As cinco e media da tarde daban comezo os exames. Primeiro foron os máis pequenos. Un grupo de doce rapaces onde se examinaban cintos brancos, cintos amarelo verdes e cintos verdes. Case dúas horas de examen na que os rapaces trataron de facelo mellor posible para acadar ese aprobado que lle otorgaría unha cinta de cor no seu cinto ou un cinto novo.

Así como remataron os pequenos era o turno para Javier Garea (aspirante a vermello negro) e Sofia Zapata (aspirante a vermello). O deles foi un exame bastante intenso no que o Sabum empezou facendo algunha que outra pregunta de teoría aos aspirantes e seguido comezaron coa parte técnica.

Polo medio do exame, uníronse os nosos máis recientes alumnos do grupo dos adultos. Manolo Otero e Gonzalo Rodríguez quenes afrontaban o seu primeiro exame algo mergullados en nervios.

O exame continuaba para os que estaban e comezaba para os recién incorporados. O Sabum Dache seguiu evaluando a técnica dos practicantes e facendo algunha que outra pregunta de teoría que estimase oportuna. Tamén lles evaluou aos catro ao mesmo tempo a técnica de combate coa que xa os cintos brancos (Manolo e Gonzalo) remataban o seu exame cun merecido aprobado.

O exame para Javier Garea e Sofia Zapata rematou pouco despois do dos seus compañeiros, tamén con resultados positivos. Co aprobado de Javier e Sofia daba por concluida a convocatoria de Maio de exámenes.

Taekwon!

» Ver Fotografías
#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz