SUBTITULO

| | | |

V Gala do Deporte: 2º Premio para o Boosabum Ismael Castiñera


Máis de seiscentos veciños e veciñas dos sete concellos da comarca de Ordes encheron o pavillón municipal de Sigüeiro durante a celebración da quinta edición da Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes, celebrada na noite do mércores 16 de Maio. Unha gala na que recolleron o seu galardón os 35 deportistas e entidades deportivas galardoadas, ben polo seu traballo no 2011, ben pola súa traxectoria ao longo da súa vida.

Entre os premiados do Concello de Oroso estaba o noso Bossabum Ismael Castiñeira (II Dan) que se levou o segundo premio por diante de Hugo Rama (fútbol base) e por detrás do Equipo infantil da ED Xuventude Oroso (fútbol base). Outros homenaxeados foron: Pablo Uxío Regueiro Núñez (tenis de mesa) na categoría de promesa e o SD Deixebre (fútbol), como recoñecemento especial.

Taekwon!
#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz