SUBTITULO

| | | |

Exhibición na praza do Concello.

Coincidindo coas festas do Sacramento en Sigüeiro, o Club ITF Oroso xunto cos Instructores da Delegación Galega da Federación Internacional Taekwon-Do España, realizaron unha exhibición o pasado día 25 de Agosto do 2012, na praza Isaac Díaz Pardo a eso das 19:00 horas.

A xente pouco a pouco deixouse caer a medida que a exhibición ía transcurrindo. Quen a comezaron foron os nosos alumnos, que mostraron diversos exercizos que cautivaron a pais, nais, familiares e demáis xente que se quedou a ver o espectáculo. Exercizos de defensa persoal, tuls por equipo, técnicas especiais e de potencia entre outros que estiveron practicando durante esa misma semana.

Así como finalizou o grupo de alumnos da escola anfitriona tocáballe o turno aos cintos negros: Antonio Blanco (ITF NOIA), Sergio Maneiro (LICEO DE NOIA), Ismael Castiñeira (ITF OROSO), Marta Freire (LICEO DE NOIA) e Juan Manuel Pérez (CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO). Tamén con eles, algúns alumnos do Liceo de Noia participaron nesta parte.

Unha hora de exhibición que rematou cunha ronda de pinchos no mesón Tambre, para os participantes, pais, nais, familiares de estes e amigos do club ITF Oroso.

Deixámosvos unha galería de imáxenes cedidas por Sofía Zapata e un breve video-resumo do que foi a exhibición feito con videos que nos cedeu a nai de Martín Blanco.

» Ver Álbum de Fotos.
» Ver Vídeo


#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz