SUBTITULO

| | | |

Dous árbitros máis para o ITF Oroso

A Delegación Galega de Taekwon-Do ITF da FITE (Federación Internacional Taekwon-Do España) organizou un curso de arbitraxe nas instalacións da Sociedade Liceo de Noia o pasado 24 de Febreiro.

O curso foi dividido en dúas partes: parte teórica e parte práctica. Comezouse pola teoría. As once da mañá do domingo, alumnos de tódalas escolas de Taekwon-Do ITF da Delegación Galega e pais dos mesmos, reuníanse nas instalacións do Liceo de Noia para comezar a primeira parte do curso.

Do ITF Oroso, concretamente asistiron catro. De oíntes foron o bossabum Ismael Castiñeira e Sofía Zapata, unha das nosas alumnas máis veteranas. Os outros dous foron a sacar a titulación de xuíz crono. Manuel Otero, un dos nosos alumnos do grupo dos adultos e Pablo Castiñeira, a quen lle é imprescindible para sacar o cinto negro I Dan nos próximos meses.

Por medio de diapositivas, os membros da Delegación Galega encargados para impartilo curso ían ensinando ou recordándolles, a aqueles que so foron a reciclarse, o regramento e funcionamento polo cal se rixen as competicións da nosa disciplina e resolvendo todas aquelas dúbidas que ían saíndo ao longo da mañá.

Unha vez rematada a parte teórica, e despois de xantar, pasouse a tratar de poñer en práctica o aprendido con anterioridade. Divididos en dous tatamis, os alí presentes ían practicando por grupos tanto a parte de Tul como a de Combate. Rotando e tratando de que, sempre que o grado o permitise, os alumnos fosen probando os roles das distintas titulacións arbitrais, arbitrando distintas situacións que ían propoñendo os encargados do curso.

Sen dúbida unha forma distinta de pasar un domingo e boas noticias para a Delegación Galega que conta con outra remesa de árbitros, indispensables para os torneos que virán durante o longo do ano.

» Ver álbum de fotos

#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz