SUBTITULO

| | | |

Terceiros no Interautonómico 2013

O esperado Torneo FITE Interautonómico celebrouse a pasada fin de semana (9 e 10 de Marzo) en CEE, organizado polo Club Cee Deportes de Contacto xunto coa Delegación Galega da FITE e a Federación Internacional Taekwon-Do España (FITE). O evento contou cun alto número de competidores de tódalas escolas afiliadas á FITE.

O ITF Oroso participou en dito evento con 21 competidores, dos cales, 18 pertencían ás categorías infantís, unha en júnior e dous nas categorías de sénior.

O sábado competiron os infantís. Coma de costume, primeiro comezarían coas categorías de TUL e seguirían coas de Combate.

Ata antes do parón para xantar, os rapaces do ITF Oroso xa ían sacando algunha que outra medalla que nos ía colocando na parte alta da clasificación xeral coma club. Pola tarde o noso medalleiro enchíase cada vez máis grazas á magnífica actuación dos rapaces na parte de combate.

Coa categoría infantil rematada a nosa escola conseguía a suma de 27 medallas (12 ouros, 2 pratas e 13 bronces) pero nos últimos minutos da tarde do sábado os Junior foron comezando a competir. A nosa única competidora desta categoría, Sofía Zapata, sumaba un bronce máis ao noso medalleiro, na categoría de Tul Júnior Feminino.



O Domingo tocáballe aos máis grandes. O noso club afrontaba esta última parte do Torneo FITE Interautonómico con tres competidores e con 28 medallas. Tres competidores que sumaron ao medalleiro seis metais máis. Sofía poñía punto é final as categorías júnior conseguindo o seu primeiro ouro, en combate júnior feminino.

Ían os adultos. Para Daniel Pina e Gonzalo Rodríguez era a primeira vez que asistían a unha competición de Taekwon-Do ITF. E non o fixeron nada mal. Daniel conseguía unha merecida prata en combate e Gonzalo colouse no primeiro chanzo do podio na categoría de tul e no terceiro de combate.

Sofía Zapata quixo sumar máis medallas para a súa escola participando tamén na categoría de Sénior. Caeu na final de tuls pero desquitouse en combate, volvendo así a conseguir un ouro máis.

Desta forma o club conseguía 34 medallas (15 ouros, 4 pratas e 15 bronces) que nos clasificaron coma o terceiro mellor club nacional, por detrás de C.D. TKD Benalmádena e Club Cee Deportes de Contacto.

» Ver álbum de fotos

#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz