SUBTITULO

| | | |

Exhibición Maio 2013. Rumbo Benalmádena!

A nosa escola participaba a pasada tarde, do venres 31 de Maio no centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro, nas exhibicións de clausura das escolas deportivas do Concello de Oroso, como ven sendo habitual cada ano.

Mediante exercicios de defensa persoal, combate con e sen proteccións e tuls os rapaces puideron demostrar unha pequena parte do que realizan durante as clases da nosa escola durante o seu andar por este arte, poñendo a guinda final con un exercicio de rompementos. Dende os máis pequenos (con porexpán) ata os máis grandes (con madeiras) puideron impresionar no exercicio que sempre máis impacta ó publico, desta non foi diferente xa que a xente entendeu a complexidade e ovacionou a dificultade ea perseveranza dos nosos pupilos.

En resumo, unha gran exhibición na que sen dúbida podemos dicir que este ano superáronse, tanto na espléndida organización coma na complexidade dos exercicios. E iso, que o ano pasado xa deixaran o pavillón ben alto.



Como curiosidade, comentar que, conseguiron levalo acabo con menos dun mes de práctica, no que a organización se refire. E por suposto, non vos preocupedes, que tan so descansamos en Agosto. Seguimos adestrando no horario habitual.

Finalizada a exhibición os alumnos reuníanse novamente no dojang para recoller unhas bolsas con lambetadas, cortesía do club que entregaban con moito orgullo os instrutores, ben merecidas as tiñan.



Pero non todo ía ser festa. Polo menos para algúns. Os alumnos que competirán o próximo sábado e domingo na III Benalmádena Cup reuníanse para seguir adestrando e poder dar o máximo nunha competición que será canto menos esixente, un cerre de un gran venres, sobre todo cando vemos que os rapaces adestraban encantados iso que xa levan uns días exercitándose fóra do horario habitual para poder estar a altura do evento ó que nos diriximos. Dende aquí desexámoslles que sexa unha gran experiencia para eles e que o pasen en grande no que vai ser, unha gran festa do Taekwon-Do ITF toda fin de semana.



» Fotos Exhibición
» Fotos Adestramento

#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz