SUBTITULO

| | | |

Seguimos sumando puntos!

A nosa escola volveu a brillar no segundo encontro da Liga FITE Galicia 2013 celebrado en Baio, o pasado sábado día 22 de Xuño.

Levamos a 15 competidores e sacamos 7 primeiros, 7 segundos e 11 terceiros postos. Puntos e puntos que os nosos alumnos van acumulando para acadar as posicións máis altas da clasificación xeral ao final do torneo de liga.

En liñas xerais fixeron un excelente traballo, demostrando, unha vez máis, o bo nivel que ten a nosa escola e a seriedade coa que afrontamos cada campionato. Dende o máis pequeno ao máis veterano.

As máis novas facíanse coa categoría de Tul e plantaban cara, coma era de esperar, nas categorías de combate. Os seus compañeiros facían valer tamén os seu nivel técnico en tuls e foron verdadeiros ósos pelexando. Mención especial aos nosos pupilos máis pequenos, Esteban e Enerizt, que debutaban coma competidores de Taekwon-Do ITF, conseguindo un terceiro e primeiro posto en combate, respectivamente.

Sofía Zapata e Pablo Castiñeira, aos nosos competidores Júnior, que están ás portas de entrar na Selección Xuvenil Española e de acadar o cinto negro I Dan, tampouco lles foi nada mal. Zapata acadaba novamente a primeira posición do podio en combate e tamén en tul júnior. Unha vez máis, Sofía mediríase coas Sénior, pero a pesar de quedarse cun terceiro posto en ambas modalidades demostrou, sen dúbida, un excelente nivel en técnica e pelexou con cabeza.

Pablo tamén probou a medirse nunha categoría superior. Polo de agora, pola ideade que ten, pertence á categoría Infantil, pero xa comeza a dar que facer na Júnior. De feito, conseguiu dous terceiros postos: un en tul individual dende azul ata vermello-negro e outro en combate, na categoría -55Kg de azul-vermello a vermello-negro, que para ser á primeira vez que se compite en Júnior, non están nada mal. En infantil acadaba dous segundos postos, tamén un en Tul e outro en combate.

O torneo remataba, como ven sendo habitual, coa modalidade de combate das últimas categorías. Pero a guinda deste segundo encontro de Liga poríao o noso Bosabum Ramón e o Bosabum da escola de Cee, Juan Manuel Pérez, brindándonos un combate de exhibición, improvisado no momento.

Con este torneo chegamos á metade da Liga. O próximo será en Novembro, e será en Oroso, polo que a nosa escola será a encargada de acoller así, o penúltimo encontro da Liga FITE Galicia 2013.

» Fotos 2º Encontro de Liga, Baio 2013

#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz