SUBTITULO

| | | |

OS CHÍCHAROS, NO CAMIÑO AXEITADO.

Pouco a pouco, pasiño a pasiño, patada a patada, puño a puño, a nosa escola vai medrando. A tarde do pasado venres 20 de Decembro do 2013 medramos un pouco máis tras os excelentes resultados obtidos polos nosos Chícharos durante a última convocatoria de exames do ano.

Para algúns deles sería a primeira vez que se afrontaban a un exame de Taekwon-Do ITF, polo que os nervios non podían faltar. Máis, aínda así, unha vez postos en faena, trataron de facelo mellor posible e mostrarlle ao Sabum Antonio Blanco (Dache) tódolos coñecementos, desta arte marcial, que foron adquirindo dende que comezaron a adestrar. Mostrando seguridade en todo momento e tomándose o exame cunha sobresaínte seriedade.

Os exames comezaron ás seis da tarde e polo dojang, a parte dos cintos brancos, tamén pasaron alumnos máis veteranos. Así como o grao fose máis alto, máis alto sería sería o nivel de dificultade da proba que Sabum Dache lles poñería aos nosos Chícharos. Sempre un esixente Sabum que busca a perfección en cada movemento, en cada técnica, en cada golpe, en cada bloqueo. Pulindo pequenos erros e ao mesmo tempo transmitindo novos coñecementos.

Finalizada a tarde de exames, o Sabunim Antonio Blanco mostrábase satisfeito polo bo nivel que os Chícharos están acadando. Dando a noraboa polo traballo realizado tanto polos alumnos, coma polos seus instrutores coma polos pais e nais que fan que isto sexa posible.

Contamos agora con 10 novos cintos branco-amarelos, 1 amarelo, 2 amarelo-verdes, 1 verde e 4 cintos azuis. Parabéns Chícharos! E a seguir traballando que aínda queda moito camiño.

» Galería de Imaxes Exames Decembro 2013

#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz