SUBTITULO

| | | |

RESULTADOS LIGA FITE GALICIA 2013



Na mañá do dia 11 de Xaneiro comezaba o derradeiro encontro da Liga FITE Galicia 2013. Os Chícharos fóronse achegando as instalacións da Sociedade Liceo de Noia cun pouco de inquietude, dada a importancia deste evento para a clasificación final.

Por orde ascendente de idade os rapaces e rapazas da nosa escola foron saíndo a competir na modalidade de tul. Durante esta etapa, o noso Bosabum Ramón Lema xunto cos Bossabums Pablo Castiñeira e Sofía Zapata estiveron arbitrando e axudando na organización do torneo. Arredor das dúas da tarde deu por finalizada a primeira etapa do encontro, na que se rematou cos tuls.

Despois do parón para xantar, os Chícharos volvíamos de novo aos tatamis. Nese intre tocábame entrar a arbitrar. Intercambiei o meu posto de coach, que compartía co Bosabum Ismael Castiñeira, co Bosabum Pablo Castiñeira e coloqueime de xuíz esquina para o combate.

Así como rematou a categoría infantil pasamos á categoría xuvenil, na que os nosos Chícharos tamén participaron. Despois deles era a hora da competición dos sénior, onde a Bosabum Sofía Zapata, unha vez máis, volvía acadar as posicións máis altas do podio.

A competición remataba ao solpor e de seguido comezaría a entrega de medallas. Un pequeno erro informático na suma dos puntos impediu que a entrega se puidese levar a cabo. Pero mentres a Delegación Galega da FITE anuncia cando e onde será a entrega das medallas xa podemos ver os resultados do Torneo. Só tedes que facer click no enlace de abaixo.

Javier Garea
I Dan


» Resultados Liga FITE Galicia 2013
» Fotos Encontro Final Liga FITE Galicia 2013 (Fotografías por Sofía Zapata)

#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz