SUBTITULO

| | | |

COMEZA A LIGA!

Os Chícharos do ITF Oroso comezaron esta nova Liga FITE Galicia con moi bos resultados. O primeiro encontro foi no Liceo de Noia, o pasado sábado 8 de Novembro do 2014. Foron 6 primeiros postos, 8 segundos e 14 terceiros para os nosos. Pero ademais dos bos resultados os de Oroso mostraron un excelente nivel e unha exemplar actitude durante todo o evento.

Pero antes de comezar o encontro, os adestradores do Liceo de Noia e ITF Noia, Sabum Sergio Maneiro e Sabum Antonio Blanco respectivamente, xunto coa Concelleira de Deportes do Concello de Noia, Mary Domínguez, farían entrega das medallas da pasada Liga.

Rematada a entrega, comezaban as eliminatorias de TUL. Distribuídas, en dous tatamis, as categorías masculino e feminino, os máis dun centenar de competidores dos distintos puntos da xeografía galega, comezaban a dar o todo polo todo para tratar de acadar o maior número de puntos. Os chícharos entregáronse ao máximo en cada eliminatoria e en cada final. Tanto en tul coma en combate.

A primeira parada desta segunda edición da Liga FITE Galicia comezaba preto das 11 da mañá, despois da entrega de medallas, e remataba arredor das oito e media da noite. Comezouse, como ven sendo habitual nos nosos torneos, polas categorías infantís, seguida das júnior e sénior e finalizando polas categorías dos cintos negros.

O próximo encontro disputarase na nosa casa. O vindeiro sábado 31 de Xaneiro do 2015 a Liga FITE Galicia 2014/2015 continuará en Sigüeiro, no Complexo Deportivo Juanito Amigo Ferreiro.

» Galería de imaxes do torneo (Fotografías polo ITF Noia)
» Galería de imaxes da entrega de medallas Liga FITE Galicia 2013/2014

#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz