SUBTITULO

| | | |

Exames Xullo 2015


Antes de que finalizase a tempada 2014/2015 o noso Sabonim Ramón Lema, realizaría unha última convocatoria de exames. Algúns dos alumnos que se examinarían estarían afrontando o seu primeiro paso dentro do camiño que o formará como practicante de Taekwon-Do ITF. Outros, seguirían avanzando e dando un paso importante en dito camiño.

Os exames celebráronse a pasada tarde do xoves 30 de xullo, antes das últimas clases da tempada. Os alumnos irían entregando, de un en un, a documentación precisa para a realización da proba, mentres o examinador, Sabonmin Lema, comezaba coas primeiras preguntas da tarde.

Tras avaliar a parte técnica dos presentes, o exame proseguiu con técnicas de pateo, técnicas en salto e sparring, finalizando con cuestións de carácter teórico que Sabonim estimou oportunas.

Cada un dos chícharos deu o máximo de sí mesmos dende que entraron ao Dojang ata que finalizou o exame. Sabum Lema, satisfeito co nivel que demostraron os seus alumnos durante a tarde, non dubidou en felicitalos polo aprobado e a animalos a seguir traballando na mesma liña que están seguindo.

» Galería de imaxes
#CHÍCHAROSTEAM
Copyright © 2010 Club Taekwon-Do ITF Oroso | Official Website ... Taekwon!!
C/Xuncal 12 2ºC, 15888 Sigüeiro - Oroso (A Coruña)
Tfnos: 646374044 - 618551967 | e-m@il: itforoso@gmail.com

Powered by Blogger | Design by Castivaz